Voltar

Os novos móbiles xa teñen SMS en galego ((Galicia Hoxe, 11/03/2006)

Os novos modelos de teléfonos móbiles dispoñen xa dos dicionarios preditivos en galego, que permiten o envío de mensaxes SMS neste idioma dun xeito doado co sistema automático de escritura.

Inmigrantes e deportistas de elite intégranse co galego ((El Correo Gallego, 23/03/06)

En Ames organízase un obradoiro de lingua e cultura para inmigrantes, con veciños de 15 países diferentes. En Santiago, un obradoiro de galego para os deportistas estranxeiros dos clubes de Compostela. Obxectivo: a integración polo galego.

Retroceso para o galego, o peche de RTVE en Galicia ((Vieiros:galego.org, 23/03/06)

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, realizou unha declaración pública sobre o peche das desconexións de Radio Nacional e da TVE, que cualifica de "retroceso histórico" para o galego.

O Concello da Coruña accede a usar o galego ((La Opinión A Coruña, 24/03/06)

A Coruña galeguizará as sinalizacións da Torre de Hércules, logo da advertencia da Consellería de Industria de que retiraría as axudas á promoción turística se non aparecía tamén o galego.

A Mesa pola Normalización Lingüística fai 20 anos ((A Nosa Terra, 29/03/06)

A Mesa afronta o seu futuro cun único obxectivo: a obriga de coñecemento do galego como xeito de incluílo, con todas as garantías e privilexios, na xustiza, a administración pública e os medios de comunicación.

O galego segue sendo maioritario ((La Voz de Galicia, 29/03/06)

Malia a perda de galegofalantes, o galego aínda é a maioritario en Galicia entre 1992 e 2003, cun 63,4% de falantes entre monolingües (44,4%) e bilingües con preferencia de galego (19%), segundo un estudo do Consello da Cultura.



Imprimir