Voltar

Pasa a folla

Plan xeral de contabilidade

Os plans xerais de contabilidade son textos legais que regulan a xestión contable das empresas no Estado español, desenvolvendo a lexislación mercantil en materia de contas anuais individuais.

Durante o ano 2007 esa lexislación foi reformada e adaptada para harmonizala coas directrices emitidas pola Unión Europea, o que obrigou pola súa vez a reelaborar o Plan general de contabilidad e a aprobar un Plan general de contabilidad de pequeñas y medianas empresas, adaptados a ese novo marco legal. Esta renovación permitiu que por primeira vez, eses documentos poidan consultarse e manexarse en versión oficial galega, grazas á súa publicación nos suplementos do Boletín Oficial do Estado.

Non imos entrar aquí nunha descrición detallada destes dous documentos técnicos; abonda con apuntar que o primeiro é o marco xenérico en que se desenvolve a lexislación xeral, e que o segundo preséntase como unha norma complementaria que recolle os contidos do anterior relacionados coas operacións que con carácter xeral realizan as PEME, e intenta simplificar criterios de rexistro, valoración e información.

O que si nos interesa destacar a relevancia que poden ter para ampliar a presenza do galego, tanto no ámbito da xestión contable das empresas (nos departamentos de contabilidade, nas xestorías e asesorías que atenden a particulares e PEME…)  como no da formación de futuros xestores, tanto no ensino secundario (Formación Profesional) como no universitario (Administración e Dirección de Empresas)(7).

E a súa utilidade será maior aínda se a información e a terminoloxía recollida neses textos legais é reutilizada na elaboración de produtos derivados para a formación (guías de materia, manuais, libros de texto…) e para a xestión propiamente dita (programas informáticos, libros de contas…).

Agardemos que editoriais, administracións ou os propios profesionais se poñan compartan a nosa visión e en pouco tempo poidamos anunciarvos a existencia deses novos produtos.




Imprimir