Voltar

II Concurso de monólogos monolingües

Organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Fac. de Económicas, na Aula B deste centro, ás 20:15 h. Sete monólogos, mantemento do acto a cargo de Carlos Blanco, happening de Leo Arremecaghoná.

http://www.usc.es/cnleco.

Premios á calidade lingüística nos traballos académicos

A Comisión de Normalización Lingüística da Fac. de Económicas fará entrega dos Premios á calidade lingüística nos traballos académicos no transcurso dos monólogos monolingües.

http://www.usc.es/cnleco.

II Xornadas sobre lingua e usos: Lingua e investigación

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña organiza estas xornadas para reflexionar sobre aspectos lingüísticos e non lingüísticos da incorporación do galego á investigación científica.

http://www.udc.es/snl/xornadas.html.



Imprimir