|
Materia e disciplina No ámbito académico, e máis concretamente, no da xestión académica, utilízanse unha serie de termos, procedentes da lingua común, con acepcións especializadas. Desta volta, veremos a problemática que suscitou a implantación de certos termos de xestión académica, de gran transcendencia na Universidade, dende mediados dos anos 90 no galego. Trátase dun exemplo de cómo por lei se pode forzar un cambio nunha lingua e de cómo a lexislación española obriga a facer cambios no léxico galego, na medida en que esta lingua ten que reproducir unhas prescricións elaboradas e pensadas coas ferramentas lingüísticas do castelán. O Diccionario de la Real Academia Española define asignatura e materia dos seguintes xeitos:
Porén, a normativa académica que comezou a rexer a mediados dos 90 para a renovación dos planos de estudo no Estado fai a seguinte definición: "Materia: conjunto de cuestiones fundamentales y necesarias para la formación y posterior obtención de un título universitario. Académicamente, la materia se desagrega o se estructura en partes o elementos, llamados 'asignaturas'. Si no hay desagregación o estructuración de una materia en asignaturas, entonces los conceptos de 'materia' y 'asignatura' son coincidentes. (Catálogo de Indicadores del Sistema Universitario Público Español. Consejo de Coordinación Universitaria, 2002). En galego, *asignatura está desaconsellado por castelanismo en todos os diccionarios e vocabularios modernos (Gran Xerais, DRAG, Cumio...) e proponse no seu lugar materia (algo perfectamente coherente tendo en conta que as dúas palabras eran en español sinónimas). Mais coa devandita normativa deixan de ser sinónimas polo menos neste ámbito de especialización. Na Universidade de Santiago de Compostela decidiuse, para resolver este problema, empregar DISCIPLINA para a cada unha das partes en que se poida desagregar unha MATERIA. Nos diccionarios galegos ofrécese o termo "disciplina" como sinónimo de "materia", no terreo da lingua común, e ademais esta é a estruturación que se segue tamén en portugués. |