Voltar

O EBLUL detecta un aumento no racismo lingüístico ((Vieiros, 18/09/08)

Logo da xuntanza mantida en Gdansk (Polonia), a Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL) xa deu a súa diagnose: estase a producir un aumento na incomprensión e animadversión cara as linguas ameazadas.

A Comision Europea avala a inmersión lingüística ((A Nosa Terra, 23/09/08)

A Comisión Europea recomenda a inmersión lingüística na UE, a promoción do bilingüismo pasivo e a xestión dos conflitos lingüísticos para promover o multilingüismo, o coñecemento doutras linguas europeas e protexer as linguas minorizadas.

O Sergas promete darlle pulo á normalización do galego ((Vieiros, 25/09/08)

Sanidade asegura que existe un compromiso para normalizar o uso do galego no sistema público, como demostran os avances na edición de documentos, nas aplicacións informáticas, ou o convenio coa USC para elaborar un vocabulario de medicina en galego.

O galego afíncase no Bierzo malia as pexas de varios colexios ((El Correo Gallego , 29/09/08)

A cifra de alumnos matriculados na materia supera xa o milleiro. Na comarca berciana, corenta mil veciños empregan o idioma galego na súa vida diaria.

Curso para aprender a 'Cantar na nosa lingua' ((El Correo Gallego, 12/10/08)

A segunda edición do curso de Educación Musical «Cantar na nosa lingua», dirixido a profesores de primaria, promovida pola UCETG en colaboración co Conservatorio Histórico de Santiago, fomenta o uso o galego a través da música.

Casar en galego entra nas listas das empresas do sector ((Galicia Hoxe, 15/10/08)

Baixo o lema «Casa co galego» as empresas de servizos nupciais, co apoio da SXPL, comprométense a que todas as comunicacións dunha voda e o material promocional das empresas, serán en galego.

Sánchez Piñón dille ao PP que o decreto é un reflexo do Plan ((Galicia Hoxe, 16/10/08)

A conselleira de Educación recordou que o Decreto do galego no ensino reflite fielmente o Plan de Normalización Lingüística acordado no Parlamento por todos os grupos en 2004 e non di nin unha palabra máis nin unha palabra menos.

As axudas para os xornais en galego, tamén para os gratuítos ((Vieiros, 17/10/08)

O Consello da Xunta aprobou a modificación do decreto que regula as subvencións públicas para as publicacións monolingües no noso idioma, de xeito que se poidan acoller os xornais gratuítos escritos integramente en lingua galega.

Mercar e vender en galego ((Galicia Hoxe, 20/10/08)

Publícase o primeiro «Dicionario ilustrado do comercio» na lingua do país para fomentar o seu uso normalizado nestas transaccións. O material é ameno, combina textos, ilustracións, viñetas e arredor de 2.000 entradas ao longo das súas 300 páxinas.


Imprimir