Voltar

Comezan os cursos de lingua para non galegofalantes

Os cursos de lingua galega para non galegofalantes comezan en Santiago ás 8 h na Facultade de Xeografía e Historia (aulas 14 e 15, para os niveis básico I  e básico II), e en Lugo, en Administración e Dirección de Empresas (Seminarios 1 e 4).

http://www.usc.es/snl/formac.htm.

Aberta a matrícula no curso de redacción e deseño

Os cursos de redacción e deseño de traballos de investigación abren o día 2 o prazo de matrícula, ata o día 17 de novembro. As clases comezan o día 22 na Facultade de Veterinaria, no caso de Lugo, e en Dereito, no de Santiago, de 12 a 14 h.

http://www.usc.es/gl/xornal/nova.jsp?id=13342.

Presentación de "Termos esenciais de botánica"

O 3 de novembro ás 12 h preséntase os Termos esenciais de botánica, no Salón de Actos da EPS de Lugo. A CNL da EPS  repartirá exemplares os luns de novembro de 10 a 12 h, e os martes de 16 a 17 h no Seminario 1 da Ampliación da EPS.

http://ocartafol.usc.es/con_creto.asp?OCartafol=16&Artigo=92.



Imprimir