Voltar

Paco Vázquez divírtese a conta do galego ((Galicia Hoxe, 27/10/04)

O alcalde da Coruña quere aproveitar a Lei de grandes cidades a prol da súa gran teima,  o artigo determinado castelán, buscando darlle oficialidade a unha práctica de dez anos con sentenzas contrarias, incluída a do Tribunal Supremo.

A Xunta advirte de que só ela pode cambiar o topónimo ((La Opinión, 29/11/04)

Francisco Vázquez insiste en que a cooficialidade de A Coruña e `La Coruña´ se fará efectiva cando a aprobe o Pleno, pero o Executivo autonómico avisa de que ese acordo carece de validez legal se non é refrendado polo Consello da Xunta.

O galego, sempre en conta. Campaña de galeguización da banca ((A Mesa, 22/10/04)

A Mesa fai un chamamento ao apoio individual e colectivo para axuntar persoas que estean dispostas a cambiar a súa nómina para aquel banco, caixa de aforro ou entidade financeira que se comprometa a dar pasos importantes na súa galeguización.

Propoñen a 200 empresas que axuden a usar máis o galego ((La Voz de Galicia, 19/10/04)

O Concello de Santiago impulsa unha campaña de dinamización de uso do galego entre as empresas de comunicación, publicidade e deseño gráfico, buscando un efecto multiplicador, xa que son unha vía para chegar a outras empresas coas que manteñen relación.

Os mozos falan por primeira vez máis castelán ca galego ((Galicia Hoxe, 19/10/04)

O castelán é xa a lingua maioritaria dos habitantes máis novos de Galicia, que tenden a ser monolingües neste idioma, segundo a última enquisa sobre condicións de vida das familias realizada polo Insituto Galego de Estatística.



Imprimir