|
Os colexios relixiosos fomentan o galego cun plan ((Faro de Vigo, 10/03/04)
Os centros comezarán un proceso planficado para que toda a documentación se tramite en galego, organizaranse cursiños para mellorar as capacidades de profesores e traballadores, e faranse campañas de sensibilización para o alumnado. O irlandés achégase á oficialidade na UE ((Vieiros, 30/03/04)
Ata agora, o irlandés é unha lingua do Tratado, polo que só se traducen a el os escritos finais, pero non así os asuntos cotiáns. Tal situación podería mudar se prospera unha campaña a prol do recoñecemento do irlandés como lingua oficial na UE. O 10% dos empregados cre que o galego non é válido nas empresas ((Galicia Hoxe, 19/03/04)
O galego tamén é a lingua de uso maioritario na empresa: máis do 75% dos entrevistados utilizan entre eles o galego como único idioma ou na maioría dos casos, unha porcentaxe que descende entre os cargos directivos, segundo o estudo Lingua e empresa en Galicia. Ribadeo aproba unha ordenanza de normalización lingüística ((La Voz de Galicia, 17/03/04)
O pleno da corporación de Ribadeo aprobou unha ordenanza municipal que regula o uso do idioma galego na administración municipal, de xeito que se converta en lingua de uso preferente. Para elaborala tomouse como base un modelo elaborado pola Xunta en 1995. O web da UE, en vinte linguas ((Vilaweb, 25/03/04)
Dende marzo o web da UE publícase tamén nas linguas oficiais dos estados que se van integrar o 1 de maio: checo, eslovaco, esloveno, estoniano, húngaro, letón, lituano, polaco e maltés. Esta derradeira lingua conta con 400.000 falantes. |