|
H. Potter non fala galego ((O Correo Galego, 29/11/02) Tralo encontro do director xeral da Warner coa Mesa, a distribuidora acordou non dobrar Harry Potter ó galego. Por isto a Mesa iniciou xa unha campaña de denuncia. O neno mago só falará galego no libro traducido por Eva María Almazán que xa está á venda Entre nós, en galego ((El Correo Gallego, 02/12/02) A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha a terceira edición da campaña de normalización lingüística "Entre nós en galego". Esta campaña está dirixida á galeguización das novas xeracións. De novo, Ciberlingua ((La Voz de Galicia, 13/11/02) Xa comezaron as actividades do Ciberlingua deste curso. Neste mes estase a formar o profesorado e os pais sobre os recursos da rede en galego, e os obradoiros para cativos comezarán na Pascua. Este ano vai haber obradoiros novos de niveis máis avanzados. Linguas minoritarias, sen informe ((El Correo Gallego, 28/11/02) O PP rexeitou unha inicativa do BNG na que se lle pedía ó Goberno central que elaborase un informe sobre o estado das linguas cooficiais, en cumprimento coa Carta Europea. O goberno afirmou que as linguas cooficiais teñen garantido xa o seu desenvolvemento. Compostela Monumental, en galego ((Vieiros, 28/11/02)
A Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental e a Consellería de Educación asinaron un convenio para o emprego do galego na rotulación, nas comunicacións internas, na publicidade e na atención ó público.
|