|
Mil primaveras. Por un futuro de árbores e palabras Co alborexar da primavera, aló polo mes de marzo, o Concello de Pontevedra inaugurou unha campaña de compromiso co idioma, a cultura e a natureza galega. Baixo o lema Mil primaveras. Por un futuro de árbores e palabras, o pasado día 21 de marzo comezaban os actos, e facíase a plantación de 25 carballos no monte da Fracha que renden homenaxe ós personaxes que protagonizan o Coloquio dos vintecatro rústicos de Frei Martín Sarmiento. Como eixo central desta campaña o Concello fixo público o manifesto 'Mil primaveras' da man do escritor Xosé Vázquez Pintor. Con el convídase a tódalas persoas e entidades a que asinen e amosen así o seu compromiso co futuro do noso idioma e da nosa natureza. O que desexe participar pode facelo dirixíndose ó Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra (Chalé Fontoira, Praza do Campo do Boi, s/nº, Pontevedra; telf. 986 863 157, <normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es>) ou desde o espacio aniñado en Vieiros <http://www.vieiros.com/pontevedra/milprimaveras/>. A campaña remata o vindeiro sábado 14 de decembro cun acto lúdico-reivindicativo que se vai celebrar ó pé do histórico carballo de Santa Margarida. |