|
Co consenso dos tres grupos políticos parlamentarios aprobouse o Plan Xeral de Normalización Lingüística e, agora, o decreto para o ensino non universitario co que o vindeiro curso se impartirá, como mínimo, tanta docencia en galego como en castelán.
Na USC gobernan arestora os tres principais grupos de PDI. Houbo consenso para aprobar o noso Plan de Normalización Lingüística. Debería habelo tamén para cumprilo e procurarmos que o uso do galego na docencia aumente, e de xeito proporcionado. |