Voltar

Na USC estudan uns 1500 alumnos de mobilidade, malia impartirse un 20% da docencia en galego. As universidades catalanas, que chegan ao 60% da docencia en catalán, son das universidades españolas máis demandadas polos estudantes estranxeiros.

A chegada de estudantes de fóra de Galicia está a afortalar vellos prexuízos lingüísticos entre moitos docentes. Cómpre desactivar eses prexuízos, asegurarlle un espazo á nosa lingua e seguir sendo destino de estudantes foráneos.



Imprimir