Voltar

Táboa redonda sobre o Plan Xeral de Normalización Lingüística

Os CAF de Filoloxía organizan no Salón de Graos deste centro, ás 19 h, unha táboa redonda sobre o Plan Xeral de Normalización Lingüistica, con Pilar García Negro, Henrique Monteagudo, Socorro García Conde e un representante de Política Lingüística.

.

Táboa redonda: a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

Os CAF de Filoloxía organizan na Aula 1 desta facultade, ás 20 h, unha táboa redonda sobre a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos. Interveñen: Pilar García Negro, Teresa Moure e Alba Nogueira.

.

Iniciación e perfeccionamento no Concello de Santiago

O Departamento de Lingua do Concello de Santiago organiza dous cursos de iniciación e dous de perfeccionamento, de abril a xuño. O prazo de matrícula remata o 9 de abril. A inscrición efectúase no Rexistro Xeral do Concello.

http://www.santiagodecompostela.org/concello/snl/.

Concurso: logotipo para as cnl

A USC convoca un concurso de deseño gráfico para dotar dun logotipo común ás comisións de normalización lingüística. O concurso ten un premio de 800 euros. O prazo de presentación de propostas remata o 25 de abril.

http://www.usc.es/snlus/concursos.html.

Concurso en Bioloxía: deseño gráfico + lema

A Facultade de Bioloxía, a través da súa CNL, convoca un concurso de deseño gráfico baixo lema para dotar de imaxe gráfica unha campaña publicitaria sobre a dita comisión. O premio ten unha dotación de 500 euros en libros.

http://www.usc.es/snlus/concursos.html.



Imprimir