|
O voluntariado, ferramenta para unha visión positiva da lingua ((Vieiros, 01/02/2008)
Coordinadores dos voluntariados lingüísticos que están a funcionar nestes momentos no Estado (en Catalunya, Euskadi, País Valencià e Galiza), comparten experiencias a prol dun maior uso social para as linguas. Galicia Bilingüe esixe derrogar a Lei de normalización lingüísti ((Galicia Hoxe, 04/02/2008)
Gloria Lago, presidenta do colectivo, di que hai un gran descontento” co decreto que regula o idioma no ensino Se non fose por Brais.... ((Galicia Hoxe, 11/02/2008)
O uso de nomes en galego baixaron máis do seis por cento desde 1990 e deixa a Galicia no último lugar das nacións históricas por uso da lingua cooficial nos antropónimos Galicia, País Vasco e Cataluña, pola pluralidade lingüística ((La Voz de Galicia, 11/02/2008)
«A declaración de París» dos responsables de Política Lingüística de Galicia, o País Vasco e Cataluña, sinala ademais que «todas as linguas celebran a pluralidade do mundo e contéñeno por completo, sustentan en idéntica medida a convivencia». Jujel, o Google para «jalejos» ((LVg, 13/02/2008)
o buscador máis importante do mundo virtual está detrás deste proxecto, Gales inventa a normalización lingüística tecno-colaborativa ((Vieiros, 14/02/2008)
A Asemblea Nacional galesa pon na rede un wiki para que os cidadáns poidan achegar as súas propostas para a próxima lei de normalización lingüística, no proceso de revisión das normas que lle afectan ao idioma, despois de quince anos en vigor. O Goberno impugna a norma do galego no Concello de Cedeira ((LVG, 15/02/2008)
A subdelegación do Goberno na Coruña impugna o regulamento do uso do galego do Concello de Cedeira porque existe non menciona a cooficialidade lingua castelá e porque declara requisito indispensable o coñecemento do galego na provisión de postos. 40 denuncias en dous anos por acoso lingüístico ((El país, 19/02/2008)
Perto de 40 traballadores de sectores moi diversos, desde a hostelaría aos seguros, sufriron nos dous últimos anos discriminación no seu centro laboral por falaren galego, chegando ao despedimento nalgúns casos. Traballo investigará as discriminacións lingüísticas ((Vieiros, 20/02/2008)
A Inspección de Traballo realizará en 2008 actuacións especiais de vixilancia e control para que non se produzan discriminacións por razón de lingua. A consellaría actuará en sectores e empresas onde se detectaran estes problemas. Cincuenta centros incumpren gravemente o decreto do galego ((Vieiros, 21/02/2008)
A Mesa destaca que o incumprimento é masivo sobre todo nos ciclos formativos e no ensino infantil, unha etapa educativa onde, segundo o novo decreto, o galego debe ser a lingua vehicular nas zonas de maioría galego falante, e chegar ao 50% no resto. A paz vai desaparecer en máis de 3.000 linguas... ((Vieiros, 25/02/2008)
O Ano Internacional das Linguas comeza cun dato para pensar: cada quince días deixa de falarse unha lingua e nun futuro próximo desaparecerán a metade dos 6.700 idiomas falados. Carrefour recoñece a discriminación lingüística dunha empregada ((Vieiros, 28/02/2008)
O director de Carrefour da Coruña desculpouse pola discriminación e insultos dun xefe de sección cara a unha empregada por falar galego, á que chegou a dicirlle «burra, no hables lenguas menores». A Xunta valorará o galego para conceder axudas a prol do emprego ((Vieiros , 29/02/2008)
A Consellaría de Traballo concederá subvencións para realizar actividades de información, orientación e busca de emprego. Por primeira vez, o galego será criterio de puntuación á hora de obter as axudas. |