|
Normalización Lingüística no Claustro Na reunión do Claustro do 27 de marzo procedeceuse á elección dos dez membros da Comisión de Normalización Lingüística. Resultaron escolleitos os profesores Francisco Caamaño Isorna (Departamento de Medicina Preventiva e Saúde Pública), Esther Gómez Forneas (Dpto. de Química Inorgánica da Facultade de Ciencias, e presidenta da Comisión de Normalización Lingüística da EPS), Ernesto Xosé González Seoane (Dpto. de Filoloxía Galega), Jesús Liñares Beiras (Dpto. de Óptica), Carmen Rodríguez Iglesias (Dpto. de Matemática Aplicada) e Manuel José Botana Agra (Dpto. de Dereito Mercantil); os estudiantes de 1º e 2º ciclo, Alberto Pérez Cotos e Xandra Santos Palmou; o de 3º ciclo José Antonio Abelenda Vila, e o membro do PAS Francisco Castro Alvarado, que xa era membro da Comisión anterior. Esta comisión estará presidida polo secretario xeral da USC, Joaquín Rodríguez Toubes, por delegación do rector. Tamén forma parte dela, como membro nato o director do Servicio de Normalización Lingüística, Manuel Núñez Singala. A Comisión de Normalización Lingüística do Claustro é unha comisión de traballo deste órgano de goberno para temas relacionados coa difusión da lingua galega na Universidade. O Claustro deciciu dotarse desta comisión delegada o 4 de marzo de 1999. Desde a súa constitución, os seus membros estiveron a traballar na elaboración do Plan de Normalización Lingüística, a partir dos datos sociolingüísticos existentes e dos referentes legais e estatutarios, nun proceso de consenso e negociación aberto a toda a comunidade universitaria. O seu labor culminou na aprobación por amplísima maioría no pleno do Claustro do Plan de Normalización Lingüística*, aplicable na USC ata 2010. A partir de agora, e trala obrigada renovación de compoñentes, a Comisión do Claustro deberá velar pola aplicación do Plan de Normalización, propoñendo anualmente liñas estratéxicas de actuación e avaliando a súa execución. * http://www.usc.es/snlus/pnl.htm |