Voltar

Avances do galego no ensino, mais con incumprimentos ((La Voz de Galicia, 09/01/2008)

Segundo A Mesa, a formación profesional e as ensinanzas artísticas carecen de material pedagóxico en galego, e incúmprese a normativa de uso da lingua oral na docencia, sobre todo en infantil mesmo en zonas de maioría galegofalante.

No Concello da Coruña néganse a asinar documentos en galego ((Vieiros, 10/01/2008)

Persiste a oposición aplicar a Lei de Normalización Lingüística no Concello da Coruña: nas últimas semanas algúns concelleiros socialistas negáronse a asinar documentos oficiais en galego e esixiron a súa tradución ao castelán.

A Federación de Escolas Católicas dinamizarán o galego ((La Voz de Galicia, 12/01/2008)

Un cento de docentes de centros pertencentes á Federación de Escolas Católicas de Galicia celebraron un encontro para avaliaren medidas que favorezan a normalización e a dinamización do idioma galego nas súas aulas.

O Foro Peinador, o Día da Empresa en Galego e a etiquetaxe ((La Voz de Galicia, 12/01/2008)

O Foro Peinador valorou positivamente a campaña de galeguización dos viños, pois xa etiquetan en galego 120 marcas dun total de 440. Alén diso, impulsarán a rotulación interior das empresas, a documentación e a relación interna e externa en galego.

Discriminación lingüística en Renfe ((Vieiros, 15/01/2008)

Un empregado da estación de Pontevedra pediulle a un usuario que usase o castelán. A Mesa quéixase tamén de que o persoal que traballa de cara ao públiconon recibiu instrucións nin formaciónsobre o dereito do cidadán a ser atendido en galego.

Reunión en Bruxelas co comisario europeo de Multilingüismo ((Xunta de Galicia, 21/01/2008)

O comisario recibirá información da secretaria xeral de Política Lingüística sobre os proxectos para a normalización do galego e sobre as actividades previstas pola Xunta de Galicia para a celebración do Ano Internacional das Linguas

Galeguización das federacións: Canastra para o galego ((Vieiros, 24/01/2008)

A Federación Galega de Baloncesto, en pleno proceso de revisión identitaira, quérese converter na entidade deportiva que se precisa en Galiza como símbolo do país, polo que asume o sinal de identidade dos galegos: a nosa lingua.

Este tamén é territorio galego: nas aulas fala o teu idioma ((Vieiros , 29/01/2008)

Con este lema convidan na Universidade da Coruña a potenciar a lingua dentro das aulas. Só o 8,9% dos profesores e profesoras desta institución usan o galego para as súas clases.

Constitúese o Consello das Linguas Oficiais do Estado ((Galicia Hoxe, 29/01/2008)


O Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado implantará en 2008 unha plataforma de asistencia á tradución, que vai permitir axilizar o proceso de tradución de contidos ás linguas cooficiales e ás estranxeiras.

Rebaixas, prezos, gangas… todo o comercio en galego ((Vieiros , 28/01/2008)

O Anteproxecto da lei de ordenación do comercio interior, que se aprobará neste ano, garante os dereitos lingüísticos dos consumidores e que a sinalización, os carteis informativos e os documentos de oferta de servizos deben estar, polo menos, en galego.



Imprimir