 |
Acentuación e sufixos dalgúns termos científicos
Hai unha serie de erros moi comúns á hora de utilizar termos científicos en galego, relacionados coa súa acentuación e cos sufixos derivativos.
- As seguintes palabras son esdrúxulas en galego; trátase de termos cultos que deben conservar a súa acentuación orixinal: electroférese, termóstato, hidrólise, hematócrito, álcali, amálgama, anódino, endócrino, espécime, isóbara, e case todas as rematadas en -lito: teodólito, zoólito, micrólito, aerólito, siderólito, nefrólito, coprólito, fotólito, electrólito...
- Pola contra, son graves palabras como parasito (*parásito), que era palabra esdrúxula en grego pero que nos chegou como grave a través do latín, ou atmosfera (*atmósfera), en harmonía con estratosfera, endosfera, ionosfera.
- Para indicar que unha cousa ou persoa é "amiga, amante de", usaremos o sufixo -filo e non -fílico: anglófilo, bibliófilo, electrófilo, lipófilo, nucleófilo, zoófilo, necrófilo, hidrófilo, neutrófilo...
|