Voltar

O Dicionario Xurídico en galego será realidade en 2010 ((Galicia Hoxe, 27/01/09)

A Xustiza, un dos ámbitos onde a normalización lingüística presenta maiores eivas, contará en 2010 co primeiro dicionario xurídico en lingua galega, unha achega fundamental para garantir o dereito dos cidadáns a ser atendidos na nosa lingua.

A guerra contra o galego tropeza nos tribunais ((O Xornal, 22/01/09)

O xulgado do contencioso-administrativo nº 3 da Coruña botou por terra o recurso da Asociación Gallega para la Libertad de Idioma (AGLI), contra un proceso selectivo da Xunta que inclúe un exame para realizar en lingua galega.

O éuscaro será lingua vehicular principal en infantil ((A Nosa Terra, 21/01/09)

O Goberno vasco aprobou o decreto que estabelece o éuscaro como lingua vehicular principal na educación infantil, completando as actuacións da Consellaría de Educación.

Xarmenta reclama apoio para o galego do Bierzo ((Galicia Hoxe, 19/01/09)

A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta, na entrega dos seus premios anuais pola súa promoción da lingua e a cultura galega, avogou por seguir axuntando forzas e traballando para pór en valor a lingua galega.

O portugués, materia obrigatoria nas escolas arxentinas ((Vieiros, 09/01/09)

Coa integración co Mercosur como fondo, o Senado arxentino aprobou a iniciativa que establece a oferta obrigatoria do ensino do portugués na secundaria e como optativa en primaria nas escolas das provincias fronteirizas co Brasil.

Profesores de 18 países crearán blogs de ensino do galego ((Xornal, 28/12/08)

No encontro de profesores de galego de todo o mundo organizado pola SXPL estudarase a posibilidade de poñer en marcha blogs didácticos de ensino na rede que aumenten a proxección do galego.

25 anos de inmersión lingüística en catalán ((A Nosa Terra, 21/12/08)

O primeiro programa de inmersión lingüística planificado pola Generalitat botou a andar no curso 83-84 para reforzar a aprendizaxe da lingua nos centros educativos de dominio castelán.


Imprimir