|
MININF <http://www.eblul.org/mininf/> é un proxecto europeo para crear un portal dixital ó servicio das linguas minoritarias e minorizadas de Europa. Desenvólvese durante este ano, e está aberto á (túa) colaboración. Francia volve radicalizar o seu centralismo: o Consello de Estado anulou en novembro o ensino bilingüe, por superar as necesidades de aprendizaxe dunha lingua rexional. Hai linguas de primeira, e o bretón, o occitano ou o corso son de terceira (rexional). |