|
Segundo o censo de 2001, case un millón e medio de persoas (o 56,85% da poboación do país) di usar o galego sempre; 783 mil (máis do 30,29%) úsao ás veces e 332 mil (12,86%) manifestan non o falar nunca.
E algo falla no sistema educativo cando non se dá cumprido un dos seus obxectivos: que os rapaces e rapazas galegos saian competentes nas dúas linguas: 20.030 mozos de 15 a 19 anos din non saber ler e 24.350 non saber escribir en galego. |