Voltar

O galego, idioma para ligar na Universidade de Vigo ((A Nosa Terra, 25/02/09)

A aparición de carteis na Universidade de Vigo nos que se demanda un amante galego-falante, pon de moda este idioma como ferramenta para ligar no ámbito estudantil.

Bruxelas, cativada coas galescolas ((Galicia Hoxe, 25/02/09)

O comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban, visitará Galicia o vindeiro mes de abril para coñecer o proxecto das galescolas, segundo o deu a saber o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.

A Xunta gasta menos en política lingüística que o Goberno de Fra ((Xornal de Galicia, 23/02/09)

Os orzamentos destinados este ano á normalización do idioma son menores, tanto en porcentaxe como en cantidade, aos da última Administración do PP.

O galego xa non é unha lingua en perigo, segundo a UNESCO ((Vieiros, 19/02/09)

No seu informe de 2001 o organismo da ONU colocaba o noso idioma nesta categoría. Agora di que a proximidade ao portugués o protexe.

Lingua, infraestruturas e ambiente, as máis valoradas ((A Nosa Terra, 17/02/09)

Segundo o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) na súa última enquisa preelectoral, o 35,4% dos enquisados cre boa ou moi boa a xestión en canto á lingua galega, fronte a un 21,5 por cento que a cualifica de mala ou moi mala.

EFE fala galego ((Galicia Hoxe, 13/02/09)

Presentouse onte o servizo de noticias en galego da Axencia Efe, que se suma aos actuais en castelán, catalán, árabe, inglés e portugués, mostrando o compromiso da Axencia con informar desde unha perspectiva multilingüística.

O galego chega a YouTube ((Vieiros, 09/02/09)

O servizo de tradución automática de Google xa permite ler na nosa lingua os subtítulos dos vídeos

O Eixo Atlántico descobre o nexo lingüístico ((Vieiros, 06/02/09)

Para o presidente do Eixo Atlántico, o galego debe estudarse nas escolas de Portugal e o portugués nas escolas de Galicia. «A mellor forma de consolidar o entendemento entre Galiza e o Norte de Portugal é mellorar a comunicación».


Imprimir