Voltar

En galego: valor engadido no contorno económico ((Vieiros, 27/05/08)

O Observatorio de Sociolingüística da Universidade de Vigo propón por en valor o galego como elemento diferencial de certas actividades económicas, tales como o turismo e a agroecoloxía.

A constitución francesa recoñece as linguas rexionais ((A Nosa Terra, 23/05/08)

Desde o 22 de maio a Constitución francesa recoñece as linguas minoritarias do Estado, ao reformar a Asemblea Nacional o texto constituciuonal. O seu artigo primeiro di agora que as linguas rexionais pertencen ao patrimonio francés.

A Europa das linguas ((Galicia Hoxe, 23/05/08)

A UE comprometeuse a preservar a diversidade lingüística e a igualdade entre os idiomas dos seus territorios nunhas conclusións aprobadas por unanimidade dos 27 ministros de Educación.

Curtametraxe: Imaxina un mundo sen galego ((Galicia Hoxe, 20/05/08)

Na Galicia de 2098 as profecías máis peregrinas non se cumpriron, pero o galego desapareceu. A xente agarda ás portas dun museo para visitar unha exposición de grande éxito, que mostra un idioma extinguido.

Nace o primeiro portal erótico en galego ((A Nosa Terra, 20/05/08)

VacioMundoquente.com é o primeiro portal erótico feito en Galiza e en galego. Abordará cuestións como a sexualidade ou a moda e conta con apartados especiais para os homosexuais e o erotismo.

Fálalle en galego ao médico ((Vieiros, 15/05/08)

A Mesa reclama un plan de galeguización para o Sergas, xa que alén de que a sinalización e os formularios estándar, os escritos e avisos do día a día ou a atención oral ao público exclúen de xeito esmagador a lingua propia de Galicia.

Primeiro servizo de recoñecemento de voz en galego ((Vieiros, 15/05/08)

Caixa Galicia acaba de poñer en marcha o primeiro sistema de conversión de texto en voz en galego no seu servizo de banca telefónica. Nos próximos meses irase implantando de xieto experimental unha ferramenta de recoñecemento de voz.

O Parlamento aproba implicar as empresas no uso do galego ((Vieiros, 15/05/08)

O Parlamento aprobou unha iniciativa para incorporar o uso do galego nas empresas como un criterio na concesión de axudas públicas e de contratos coa Administración, e que en todas as axudas se introduza unha cláusula de promoción do galego.

Falar gaélico queda agora moderno ((Galicia Hoxe, 10/05/08)

O proceso de paz en Irlanda do Norte e o auxe económico na última década, favoreceron o renacemento do irlandés, relegado polos británicos desde o XIX. Só o 5% fala gaélico; o 90% considérao importante e parte da súa herdanza cultural.

Un documental aborda a discriminación lingüística ((Galicia Hoxe, 7/05/08)

A Mesa pola Normalización Lingüística reuniu nun documental «Galiza somos. A lingua en movemento» diferentes casos de discriminación lingüística contra o galego.

Os Avogados de Santiago, a prol da lingua na xustiza ((Vieiros, 03/05/08)

A Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela aprobou un comunicado a prol da normalización da nosa lingua e tamén se solidariza coa maxistrada Ana-López Suevos.


Imprimir