|
Curso de optmización lingüística e do deseño O Curso de optimización lingüística e do deseño de traballos de investigación está pensado para estudiantes que teñen que afrontar a realización dos seus traballos de investigación, nomeadamente proxectos de fin de carreira, memorias de licenciatura ou teses de doutoramento, e opten por facelo en lingua galega. A súa carga lectiva é de quince horas, dedicadas a aspectos relacionados coa As clases comezarán o 18 de novembro, de 10 a 12 horas da mañá, tanto no Campus de Santiago (na Aula de Informática dos Servicios Informáticos, no Pavillón de Servicios do Campus Sur), como no Campus de Lugo (na Aula de Informática da Escola Politécnica Superior, na Aula 2). O curso remata o 28 de novembro. O prazo de matrícula comeza o 4 de novembro e remata o 15 do mesmo mes; para matricularse cómpre cubrir a folla de liquidación e o formulario de taxas que se facilita no Servicio de Normalización Lingüística, realizar a liquidación de taxas nunha entidade bancaria, e xustificar documentalmente o feito de ser membro da Universidade de Santiago. O prezo do curso son 6 euros. A Universidade e a Xunta de Galicia outorgarán un certificado de asistencia. |