|
Cómo se escriben as bibliografías (I) Trataremos aquí os criterios e convencións gráficas para escribirmos as referencias bibliográficas. Esta proposta non é a única forma de facelo, pero é a máis seguida. Entre corchetes [ ] van as combinacións de teclas que se deben aplicar en Word. Formato e ordenación As bibliografías preséntanse con sangría francesa [formato>parágrafo]: a primeira liña máis á esquerda cás posteriores, e as referencias bibliográficas débense ordenar alfabeticamente polos apelidos do autor [táboa>ordenar]. Elementos na bibliografía Encabezamento: O autor É a primeira información que aparece nas referencias bibliográficas e consta dos apelidos e o nome do autor, por esta orde. Os apelidos deben ir escritos en versais [control + maiúsculas + L], o nome aparecerá despois dunha coma, en redonda. Fernández Rei, Francisco Cando son dous ou tres autores, a referencia alfabetizarase polos apelidos do primeiro. Os seguintes aparecerán citados polo nome e apelidos, e separaranse entre si por punto e coma (;) ou por unha barra inclinada (/).
Cando son máis de tres, a referencia alfabetizarase polos apelidos do primeiro autor. Este pode ser o editor, o coordinador ou o director da obra; neste caso debermos acompañar a correspondente abreviatura entre parénteses (ed.), (coord.), (dir.) e despois a expresión "e outros" ou "et al."
Se hai varias obras do mesmo autor, ordenarémolas cronoloxicamente e só poñeremos o encabezamento na primeira. Nas seguintes referencias usaremos o guión longo (—) [inserir>símbolo].
Neste caso, para ordenar alfabeticamente debemos usar o salto de liña [maiúscula + enter] no canto do salto de parágrafo [enter]. Así, cando mandemos facer un ordenamento alfabético, aquelas que estean separadas por un salto de liña serán consideradas de maneira inseparable. Se o autor é unha institución terá que aparecer o seu nome completo en versais [maiúscula + Control + L]. As institucións preséntanse de maior xeneralidade a menor. Sepáranse por puntos.
Títulos de libros Os títulos póñense en cursiva [control + k]. Deberán ir no seu idioma orixinal no caso de non estaren traducidos, e despois podemos poñer a traducción entre corchetes []. Isto tamén vale para títulos con alfabetos diferentes ó latino.
Títulos de artigos, traballos... Irán entre comiñas latinas (" ") –que non se deben confundir coas saxonas (« »)– e en letra redonda. O libro ou a publicación onde está recollido irá en cursiva e faise mención a el despois de "en".
Teses publicadas
Teses sen publicar, memorias e proxectos de fin de carreira
Se fose un proxecto de fin de carreira, unha memoria ou outro tipo de traballos cítanse igual cás teses sen publicar, aínda que –loxicamente- hai que poñer entre corchetes que se trata dun [proxecto de fin de carreira]. |