Voltar

O OpenOffice en galego factura oito millóns ao ano ((Vieiros, 28/08/07)

Esta é a cantidade que se terían gastado os 42.000 galegos que baixaron o paquete gratuíto de ter comprado o Microsoft Office.

Galicia Bilingüe pretende botar abaixo o decreto no TSXG ((Vieiros, 28/08/07)

Esixe que Educación suspenda cautelarmente a norma que ten que entrar en vigor en setembro mentres que os tribunais non se posicionen.

O Consello de Europa propón un ensino esencialmente en galego ((Vieiros, 12/09/07)

O comité de expertos analizou coa Xunta e co observatorio impulsado pola Mesa o cumprimento da Carta Europea das Linguas no país.

Haberá tradutor automático inglés-galego en liña e de balde ((Xunta de Galicia, 10/09/07)

Anúnciase a contratación da subministración dun sistema de tradución automática do galego ao castelán e ao inglés e deste idioma ao galego. A Administración autonómica investirá máis de 300.000 euros.

As galescolas e o decreto do galego, avances na Carta Europea ((Galicia Hoxe, 14/09/07)

Os representantes galegos na reunión dos observatorios do galego, vasco e catalán cunha delegación do Comité de Expertos do Consello de Europa, destacaron os pasos dados desde a Xunta coas galescolas e co decreto de galego no ensino.

Galego, catalán e vasco terán presenza na Administración Xeral ((La voz de Galicia, 15/09/07)

O Goberno central impulsa a creación do Consello de Linguas Oficiais para cumprir as esixencias de Europa.

Política Lingüística e Educación presentan o material didáctico ((Galicia Hoxe, 19/09/07)

A Xunta comezou a distribuír onte o material didáctico de apoio ao tempo que se iniciou o primeiro dos cursos de formación en galego co fin de "dinamizar" a implantación do Decreto do Galego no Ensino.

Amoestados 120 colexios por non cumpriren co galego ((Galicia Hoxe, 21/09/07)

A Consellería de Educación sancionou uns 120 colexios por incumprir a normativa do galego nas clases o ano pasado, e comunicoulles que, de perdurar o incumprimento, se lles abriría un expediente disciplinario.


Imprimir