|
Falouse galego por unha vez no Comité das Rexións ((Vieiros, galego.org, 17/11/05)
O presidente da Xunta empregou o galego no Comité das Rexións, só como demostración do acordo asinado entre o goberno español e o Comité. Os cidadáns aínda non se poden dirixir ao Comité das Rexións en galego. Política Lingüística só aumentará os orzamentos de un 3.8% ((Vieiros, galego.org, 07/11/2005)
A promoción do galego é un dos cinco eixos do programa político do bipartito, mais nos orzamentos só se reflicte unha suba dun 3,8%, unha décima por riba do IPC interanual. A propia responsábel cualificou os orzamentos de insuficientes. A RAG publica o seu primeiro dicionario castelán-galego ((La Voz de Galicia, 16/11/05)
O dicionario está adaptado á nova normativa da Real Academia Galega, contén máis de vinte e cinco mil artigos lexicográficos, e é cualificado polo seu codirector, Manuel González, coma o máis completo dos bilingües que existen neste momento no mercado. Política Lingüística crea un servizo para galeguizar empresas ((Galicia-Hoxe, 16/11/05)
Política Lingüística e a Confederación de Empresarios de Galicia poñerán en marcha, como primeira medida para impulsar o galego na empresa, un servizo de normalización lingüística para asesorar as empresas galegas e elaborar documentación en galego. O galego adáptase ao marco de referencia europeo ((Galicia-Hoxe, 09/11/05)
O galego xa está incluído en ALTE co modelo de Certificado de coñecemento de galego correspondente ao nivel A2 do Marco Europeo de Referencia. Proximamente iniciarase o deseño dos modelos de probas de coñecemento dos niveis B1, B2, C1. |