Voltar

Remata a inscrición no Curso de redacción e deseño

O curso de redacción e deseño de traballos de investigación (teses, memorias de licenciatura, traballos tutelados, proxectos) é para estudiantes da USC que desexen mellorar os seus coñecementos lingüísticos e informáticos

http://ocartafol.usc.es/con_creto.asp?OCArtafol=6&Artigo=42.

Remate do prazo do concurso de deseño gráfico

O concurso de deseño gráfico para ilustrar a campaña de promoción da Comisión de Normalización Lingüística de Bioloxía remata o prazo para a presentación de orixinais. O certame está dotado cun premio de 500 € en libros.

http://www.usc.es/snlus/concursos.html.

Xornadas "Lingua e emprego en Europa"

A Área de Orientación e Inserción Laboral e o Centro de Linguas Modernas do Campus de Lugo organizan estas xornadas do 5 ó 8 de maio, para estudiantes e titulados universitarios, na Facultade de Humanidades de Lugo.

.

Comeza o Correlingua 2003

O Correlingua 2003, a maratón lúdico-reivindicativa en defensa da lingua galega, comeza en Ferrol, o 5 de maio, e remata o venres 16 en Pontevedra. Por Lugo pasará o día 7, e por Santiago, o 9.05/05<

http://www.amesanl.org/noticias/20030428.html.

Dictame do concurso de logotipos para as cnl

O día 9 de maio o xurado do concurso de deseño dun logotipo para as comisións de normalización lingüística fará público o seu dictame.

http://www.usc.es/snlus/concursos.html.



Imprimir