 |
Dende setembro contamos cun valiosísimo Diccionario galego de termos médicos, con máis de 20.000 entradas, da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. A Medicina é xa un pouco máis galega.
O Regulamento de usos lingüísticos da USC explicita que (art. 7.3) "a publicidade de todo tipo que emita a USC realizarase en galego, agás a que for destinada especificamente á promoción exterior"; mais nestes meses, na prensa do país, moitos anuncios de cursos de posgrao desta universidade incumprían a dita norma.
|