|
O CCG pide que se revisen as medidas sobre o galego no ensino ((La Voz de Galicia, 27/05/03)
O Consello da Cultura Galega fai cinco propostas fundamentais: que a planificación se faga desde cada centro, reforzar os equipos de normalización, cumprir os mínimos legais, cumprir a lei na educación infantil e na primaria, e elaborar materiais de apoio. ¿Por fin terá o unha norma lingüística de concordia? ((Galicia Hoxe, 17/05/03)
Parece que só o "capricho" dalgúns académicos podería botar por terra o novo texto da reforma ortográfica. É posible que as modificacións se voten na sesión ordinaria do mes de xuño, logo de oito meses de traballo para consensuar a proposta. Os programas de Office 2003 integrarán un corrector de galego ((O Correo Galego, 22/05/03)
A nova ferramenta, sucesora do 2mil, que se incorporara ó sistema operativo XP de Microsoft, detecta máis de 21 millóns de formas válidas, revisa o galego de follas de cálculo e verifica documentos ó tempo que se escriben. Profesionais do cinema esixen filmes galegos feitos en galego ((La Voz de Galicia, 14/05/07)
Profesionais do sector audiovisual galego prepararon un manifesto para o Día das Letras Galegas en que se reclama un maior desenvolvemento dun sistema audiovisual propio, o que inclúe que se roden na nosa lingua. Shin Chan e Doraemon estrearanse só en galego nos cines ((La Voz de Galicia, 20/05/03)
A distribuidora Luk Internacional comunicoulle á Mesa pola Normalización Lingüística que "tódalas salas que exhiban na estrea en Galicia os filmes Shin Chan na procura das bólas perdidas, e Doraemon e o Imperio Maia farano exclusivamente en galego". |