|
O cambio normativo no paradigma verbal O cambio normativo 2003 supuxo mudanzas de certa importancia no estándar do idioma. Hai algunhas que se fan evidentes para calquera que lea con atención textos onde se aplique a normativa actual; palabras como reitor, estudar, etc. dan na vista de calquera. Porén, hai outros cambios que son menos detectables pero moi importantes, pola frecuencia con que se dan nos textos. Imos ver desta volta os cambios normativos nos paradigmas verbais, que afectan á acentuación do pretérito de subxuntivo e á súa formación. Andabamos, andariamos, andaramos e andásemos Coma na norma anterior, a escolla normativa prefire as formas tradicionais, con acentuación grave (andabamos, andariamos, andaramos e andabades, andariades, andarades), no canto das variantes modernas, con acentuación esdrúxula (andábamos*, andaríamos*, andáramos* e andábades*, andaríades*, andárades*). As primeiras variantes, escollidas para o estándar, correspóndense coas formas vivas existentes na fala do sur de Galicia. Esta representa a forma orixinaria e etimolóxica; a opción moderna, desbotada pola normativa é unha innovación analóxica, establecida na fala no terzo norte do país. A diferenza do que prescribía a norma anterior, a escolla da normativa é agora outra con respecto ao pretérito de subxuntivo. Na norma anterior, escollíase a opción tradicional, en consecuencia cos casos vistos anteriormente. Na actual, prefírense as formas proparoxítonas (esdrúxulas) no canto da acentuación grave. A razón, polo menos unha delas, é que nesta forma verbal a acentuación tradicional (andasemos*, andasedes*) é moito menos frecuente ca a moderna (andásemos, andásedes). É dicir, a norma actual aconsella a variante máis estendida no canto da menos habitual na fala. En definitiva
O pretérito de subxuntivo sempre en –se Na norma anterior dábanse dúas posibilidades para expresar o pretérito de subxuntivo:
Deste xeito, eran tan correcto escribir se viñeses á escola aprenderías máis coma se viñeras á escola aprenderías máis. Na NORMA03 hai un cambio substancial no tratamento deste tempo verbal:
Segundo isto, a frase se viñeses á escola aprenderías máis sería a única posibilidade correcta, pois a forma en –se é a única aconsellada polo texto normativo para expresar o pretérito de subxuntivo. |