Voltar

Respaldo á sentenza en galego contra a Cope ((El País, 08/04/08)

As actuacións xudiciais realizadas e os documentos presentados no idioma oficial dunha Comunidade Autónoma terán plena validez e eficacia sen necesidade de tradución ao castelán.

Rótulos comerciais na nosa lingua ((Vieiros, 04/04/08)

Vender un produto en galego non empobrece, enriquece. Así se presentou unha proposición non de lei pola que se van esixir os rótulos en galego de todos os estabelecementos, especialmente dirixido ás grandes áreas comerciais.

Máis dun cento de concellos pactan galeguizar as súas festas ((La Voz de Galicia, 05/04/08)

Un dous puntos do acordo ao que chegaron os representantes das principais cidades galegas e máis dun cento de municipios é que as orquestras que actúen nestes concellos deberán interpretar unha de cada catro cancións en galego.

Será preciso coñecer un idioma foráneo para se licenciar ((Vieiros, 08/04/08)

A USC está a preparar un plan en que os estudantes deberán saber un idioma estranxeiro para acadar o título. Din que nun mercado laboral tan competitivo e nun mundo globalizado é necesario o coñecemento dunha lingua estranxeira cando menos.

O informe da ONU de desenvolvemento humano en galego ((Galicia Hoxe, 12/04/08)

O Informe de Desenvolvemento Humano 2007/2008 publicado polo Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento acaba de ser traducido para o galego pola Coordinadora Galega de ONGD.

Os medios de comunicación incumpren as obrigas coa lingua ((Vieiros, 15/04/08)

O secretario xeral de Comunicación avaliou que a decisión de publicar en galego é empresarial, atribuíndolle aos propietarios de medios de comunicación en Galiza a responsabilidade da baixa cota da lingua na prensa do país.

Só o 8% das sentenzas está en galego ((La Voz de Galicia, 15/04/08)

A Mesa pola Normalización Lingüística e o Observatorio de Dereitos Lingüísticos denuncian o incumprimento da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias no eido xudicial.

Pódese acabar a carreira sen escoitar unha palabra en galego ((Vieiros, 16/04/08)

Ningunha universidade galega supera o 20% da docencia en galego, segundo denunciou A Mesa pola Normalización Lingüística. Só a universidade de Compostela chega a esta porcentaxe, mentres que a de Vigo fica no 16% e a da Coruña no 10%.

Corenta mil crianzas no Correlingua 08 ((A Nosa Terra, 21/04/08)

O 6 de maio comezan na Coruña as carreiras pola lingua, nas que participarán uns 40.000 rapaces de centros educativos de toda Galiza. Este ano, no que se cumpre a oitava edición, o Correlingua celébrase baixo o lema En galego cabe todo.

Os acusados pódense defender na lingua materna ((La Voz de Galicia, 26/04/08)

A Audiencia Nacional fixo pública a sentenza que anula a ditada o 22 de novembro polo xuíz que negou a asistencia dun intérprete de catalán, o que impediu entender as declaracións dos acusados e o dereito á última palabra destes.

A lingua ten que ser visíbel nas cidades e entre a xente nova ((Vieiros, 18/05/09)

Anxo Lorenzo, novo secretario xeral de Política Lingüística aposta por «propiciar actividades que axuden a dinamizar e a visibilizar a lingua galega nos ámbitos urbanos. Ten que haber espazos para aprendela e usala».


Imprimir