|
O uso do galego é básico para traballar nas galescolas ((La Voz de Galicia, 16/10/2007)
A Vicepresidencia da Xunta xustifica as entrevistas orais na selección de persoal para as Galescolas porque é «básico» que os aspirantes acrediten o dominio oral da lingua galega. O encerado electrónico tamén para aprender galego ((El Correo Gallego, 16/11/2007)
Galicia suma máis de mil encerados electrónicos nos centros públicos, unha ferramenta con múltiples posibilidades, e proximamente contará con recursos para aprender a ler e escribir en galego. A Xunta fomenta o uso do galego nos campus universitarios ((Vieiros, 19/11/2007)
Política Lingüística reparte nos campus universitarios información sobre recursos para fomentar o uso do galego entre a xuventude, baixo o título «Cousas para saíres dun apuro». «Harry Potter», en galego dende o 21 de febreiro ((El Correo Gallego, 20/11/2007)
«Harry Potter e as reliquias da morte, sétima e derradeira entrega da saga, publicarase asemade en castelán, catalán e galego, e sairá á venda en febreiro de 2008. Coordinación da normalización da lingua no ensino ((Vieiros, 21/11/2007)
Na xuntanza da conselleira de Educación coa CIG-Ensino tratouse a proposta do sindicato de que unha subdirección xeral de Normalización coordine, entre outros, a aplicación do decreto da lingua. Os rapaces reivindican a tradición oral galego-portuguesa ((Vieiros, 26/11/2007)
Máis de 2000 rapaces encheron as pontes sobre o Miño nunha nova campaña de Ponte nas Ondas para lograr o recoñecemento de Patrimonio Inmaterial da Humanidade Servizo da Mesa para tramitar queixas e consultas ((La Voz de Galicia, 26/11/2007)
A Mesa pola Normalización Lingüística botou a andar «A liña do Galego», un servizo que tramitará queixas e consultas sobre os dereitos lingüísticos dos cidadáns. Máis de 500 persoas examínanse do Celga 1 ((La Opinión, 28/11/2007)
Un total de 534 persoas examinaranse o 1 de dicembro dos primeiros exames oficiais do nivel 1 do novo sistema de certificación de coñecemento do galego, o Celga. As administracións esixen incrementar o uso do galego ((Galicia Hoxe, 30/11/2007)
Nas conclusións do I Encontro de Política Lingüística das administracións locais da provincia da Coruña destacan a obriga dos concellos de promocionaren o uso e prestixio do galego e de garantiren os dereitos lingüísticos dos cidadáns. |