Voltar

Prepárase un tradutor simultáneo das linguas do Estado ((La Voz de Galicia, 19/01/05)

A Universidade de Vigo e a empresa Imaxin Software son as participantes galegas no proxecto de tradutor informático simultáneo galego, catalán, euskera e castelán, que patrocina o ministerio de Industria no marco do Plan Nacional de I+D+i, que sairá ao mercado en un ano.

Preséntase o Plano de Normalización da Lingua ((A Nosa Terra, 27/01/05)

Presentouse o Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega. O apoio das tres forzas políticas parlamentarias fai que xurda coas mellores expectativas. Pero o apoio das administracións é imprescindíbel.

As propostas para o novo Estatuto de Cataluña ((Vieiros/galego.org, 14/01/05)

Ademais da obrigatoriedade da etiquetaxe en catalán para os produtos que circulen polo Principado, e tamén do deber xeral de coñecer o catalán, o bosquexo estabelece esta lingua como primaria na administración de Xustiza.

Unha sentenza invalida a oficialidade do galego en Naró ((A Nosa Terra, 13/01/05)

O máximo órgano xudicial galego entende que son inconstitucionais tres artigos que atinxen a obrigatoriedade lingüística das empresas que teñen relacións co concello.

A avogacía galega, en galego ((Centro de Documentación Sociolgca. de Galicia, 23/12/04)

O Consello da Avogacía Galega aprobou o seu código deontolóxico, e nel  comprométense a impulsar a normalización do uso do galego na Administración de Xustiza e nalgúns servizos que prestan sempre que o cliente así o demande.

Reclaman o soporte galego para Java ((Vieiros/galego.org, 05/01/05)

Un grupo de programadores galegos acaba de solicitarlle á multinacional Sun, propietaria da linguaxe java, que inclúa como soporte local a versión en galego gl_ES.



Imprimir