Voltar

Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización

O Colexio de Avogados de Santiago organiza a xornada Xustiza e lingua: reflexións para a normalización, para reflexionar sobre o proceso de normalización no ámbito da xustiza; ofrecer experiencias positivas e abordar a terminoloxía xurídica galega.

http://www.icasantiago.org/spip.php?article202.

Decídense os Premios Luísa Villalta

Reúnese na Universidade da Coruña o xurado que decidirá os traballos premiados nas dúas categorías do concurso: propostas de campaña de normalización lingüística, ou artigos xornalísticos sobre o tema.

http://www.udc.es/snl/dinamiza_premios_IVpremio.html.

Remata a matrícula para os exames do Celga 1

O prazo de inscrición para a proba do Certificado Oficial de Lingua Galega (CELGA) 1 estará aberto ata o 16 de novembro, e o exame realizarase o 1 de decembro, a partir das nove da mañá, na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.

http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_probas.

Remata a matrícula para os exames do Celga 4

O prazo de inscrición para a proba do Certificado Oficial de Lingua Galega (Celga) 4 pecharase o 28 de novembro, e a data do exame é o 15 de decembro, a partir das nove da mañá,na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.

http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_probas.

Cal é o teu epitafio?

Durante o mes de novembro, o web «En galego tes todo por dicir. E logo!» expoñerá os epitafios máis orixinais e retranqueiros dos internautas, os cales recibirán a súa creación en formato de fondo de pantalla para o móbil.

http://www.galegoelogo.com/concursoepitafio/index.php.

Lingua, ensino e sociedade: O galego no teatro e na tv

Continúa o ciclo de conferencias que organiza a CNL de CC. da Educación cunha conferencia do actor e presentador Xosé Barato, o 10 de decembro, ás 17:30, no Salón de Actos da Facultade de CC. da Educación, no Campus Sur.

.

A dinamización lingüística integrada no contorno

A CNL de CC. da Educación organiza dúas charlas sobre a radio escolar do ENL do IES de Melide (falamelide), e sobre a dinamización lingüística en Carballo. Ás 16:00 no Salón de Actos de CC. da Educación, no Campus Sur.

.

Matrícula nos cursos de redacción e deseño

O prazo de inscrición nos cursos de Redacción e deseño de traballos abrangue do 22 de novembro ao 5 de decembro. En breve dispoñerase de información sobre estes cursos na páxina que se indica debaixo.

http://www.usc.es/snl/forma/index.htm.



Imprimir