|
A campaña de galeguización da banca que está levando adiante a Mesa e que conta co apoio de máis de 15 millóns de euros en nóminas, demostra que un mercado galego maduro e consciente da súa forza pode facer moito polo noso idioma.
Tamén a iniciativa cidadá, coa forza de máis de 600 solicitudes individuais, ten que solicitarlle ao Concello da Coruña que anule a “moción do L” e respecte a lexislación vixente. As administacións públicas galegas deberían ser as primeiras en cumprila. |