Voltar

A Academia Galega péchalle os ollos á concordia ((Vieiros, 18/XI/2001)

Ó final non puido ser. Tras unha longa discusión, e en votación secreta, a maioría dos académicos da RAG dixéronlle non ao acordo normativo que propuñan o Instituto da Lingua Galega e a AS-PG.

O Consello da Cultura avalía a política lingüística galega ((O Correo Galego, 26/X/2001)

O Consello da Cultura presentou o seu Informe de Política Lingüística desde o nacemento da autonomía; conclúe que o galego perde falantes, non conta cunha política lingüística eficaz, e que se precisa máis planificación nas estratexias de normalización.

Ás voltas coa Coruña... ((La Voz de Galicia , 4/X/2001)

O culebrón que protagoniza involuntariamente o topónimo herculino non dá rematado; últimos capítulos: as resolucións de advertencia do TSXG ó alcalde para que respecte o topónimo oficial, e as peticións da Mesa ó Colexio de Avogados coruñés tamén neste senso.

De castelán a galego nuns minutos ((La Voz de Galicia , 22/IX/2001)

O Centro Ramón Piñeiro ultima a elaboración de Es-Ga, un programa que permite a traducción automática de textos escritos do castelán ó galego, e que combinado con ouros programas de traducción ó castelán pode transformar ó galego textos doutros idomas.


Imprimir