Voltar

Pola metade da escola na nosa lingua ((Galicia-Hoxe, 01/06/06)

Algo máis da metade das materias escolares de Primaria se imparten en galego, segundo a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, quen insistiu en que se intensificará o labor da inspecció e de elaboración de materiais multimedia en galego.

Senén Barro cre que se pode esixir o galego a científicos ((La Voz de Galicia, 06/06/06)

O reitor compostelán apostou por que o Estatuto recoñeza o deber de coñecer o idioma propio de Galicia, e considerou que «cabería esixirlles» aos investigadores foráneos que pasen longas tempadas en Galicia o coñecemento do galego.

Xuíces e fiscais rexeitan que os obriguen a saber galego ((La Voz de Galicia, 16/06/06)

Admiten que o uso do galego na Administración xudicial é case anecdótico. Mais non admiten que se regule o coñecemento do galego como un mérito preferente para ser fiscal en Galicia, e propoñen que se valore como un mérito máis.

A Asociación PuntoGal presentouse na Real Academia ((Vieiros, 13/06/06)

As doce entidades promotoras do PuntoGal constituironse como asociación co obxectivo de conseguir para a lingua e a cultura de Galicia un dominio propio en Internet.

Faltas a esgalla no galego das probas de selectividade ((Galicia-Hoxe, 17/06/06)

As versións en galego dos exames de selectividade estaban inzadas de faltas, cando os erros baixan a nota. Ademais, os 12 textos de filosofía presentábanse só en castelán, cando Filosofía é unha das materias que se deben impartir en galego por lei.

Anuncian a tradución do programa Libra ((Galicia Hoxe, 27/06/06)

Política Lingüística axilizará a tradución ao galego do programa informático Libra, utilizado nas oficinas xudiciais. A situación do galego neste ámbito non é a ideal, polas reticencias dos propios profesionais do sector para empregaren o idioma.

O Parlamento Europeo comunicarase por escrito en galego ((Vieiros, 04/07/06)

Os cidadáns galegos, cataláns e vascos por fin poderán enviarlle os seus escritos ao Parlamento europeo escritos nas súas respectivas linguas, e terán dereito a recibir resposta escrita tamén na súa propia lingua.



Imprimir