|
Esixirlle o coñecemento dun idioma oficial como é o galego en Galicia a un empregado público, incluídos os profesionais da Medicina, debería entenderse como garantía dun plus de calidade na atención aos arcidadáns, aos doentes.
A excelencia médica profesional non quita para que un médico de atención primaria lle entenda a un doente, ou que un radiólogo comprenda unha petición dunha radiografía de xeonllo feita por outro facultativo. Todo na súa debida proporción. |