|
O SNL apoia o traballo das comisións de normalización As comisións de normalización lingüistica funcionan, fundamentalmente, gracias ó voluntarismo das persoas que as integran. Ás veces, as actuacións que levan adiante requiren de importantes esforzos de traballo. Os centros están obrigados a facilitar o funcionamento destas comisións na medida das súas posibilidades, mais as cnl tamén poden contar co apoio do Servicio de Normalización Lingüística, tanto técnico como económico. Neste ano que andamos, o Servicio de Normalización Lingüística abriu un prazo, que rematou o pasado 21 de febreiro, para que as cnl solicitasen axudas para os seus proxectos. Como resultado desta convocatoria, presentáronse peticións:
O Servicio de Normalización decidiu atender todas estas solicitudes, agás a da edición da revista de Psicoloxía, por entendermos que se trata dunha actuación de tipo non normalizador, que simplemente se publica en galego. Ademais do apoio técnico necesario para que estas ideas se realicen con éxito (asesoramento á hora de enfocar a elaboración dos repertorios terminolóxicos, xestións para editar os folletos e carteis, edición dos vocabularios, etc.), sen que os membros das comisións se carguen de traballo, o SNL tamén as acubilla economicamente. Neste senso, incorporou todas estas accións no proxecto de addenda correspondente a este ano 2003, ó convenio que asinaron en 1991 a USC e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en materia de normalización lingüística. Axiña comezaremos a ver os resultados destas colaboracións. |