Voltar

Decálogo de uso do valenciano ((http://nosaltres.vilaweb.com/jvilaweb/GetHTTP?p=12, 27/11-03)

A Generalitat Valenciana aprobou o “Decàleg d’us del valencià” para regular o uso da lingua na administración, consagrando o valenciano como lingua vehicular na Generalitat. Mentres, o regulamento de uso do galego na administración está aínda por facer.

Aforros e hipotecas en galego ((Vieiros, 27/11/03)

Presentouse en Santiago unha plataforma formada pola Mesa de Normalización Lingüística, e os sindicatos CIG, CCOO e UXT co obxectivo de promover a utilización da lingua galega na banca, tanto nos formularios, como na rotulación e na publicidade.

Operarse na lingua dun ((Galicia Hoxe, 12/11/03)

A un paciente aprazáronlle unha operación no Hospital Clínico Universitario por esixir que o impreso de consentimento da intervención cirúrxica estivese escrito en galego. Sen embargo o centro di ter unha política lingüística completamente bilingüe.

A nova normativa, aprobada e descoñecida ((Vieiros, 27/11/03)

Hai catro meses que a Real Academia Galega aprobou a nova normativa do galego pero aínda non se fixo oficial. A CIG ensino remitiu un escrito á Consellería de Educación pedindo a oficialización da norma nova, pero polo de agora non houbo contestación.

O galego, por dereito ((Vieiros, 27/11/03)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recordoulles por escrito a todos os órganos xurisdiccionais o dereito que teñen as partes a empregaren o galego con plena eficacia e validez en calquera actuación xudicial.

O profesorado de Vigo non dá a nota en galego ((Universidade de Vigo, 27/11/03)

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo acaba de publicar un estudio sobre a situación da lingua na docencia. Os resultados do estudio amosan que máis do 65% dos profesores non empregan case nunca a nosa lingua nas aulas.

 



Imprimir