Voltar

O BNG proponlle ó Goberno editar en galego os boletos dos xogos ((Vieiros. Galego.org, 16/03/03)

O BNG instou ó Goberno español a que edite en galego os boletos de lotería nacional que se distribúen en Galicia, tal e como se recollía nunha proposición non de lei aprobada no Parlamento galego o pasado outubro.

A Mesa pide a implicación da TVG na dobraxe de dúas estreas ((O Correo Galego, 14/03/03)

Shin-Chan e a procura das bólas perdidas e mais Doraemon e o Imperio Maia hanse estrear o vindeiro verán nas pantallas galegas. A Mesa pretende que as dúas fitas dispoñan dunha versión en galego, para o cal solicitan a implicación da TVG.

Ferrol conta xa cun plan de normalización propio ((La Voz de Galicia, 14/03/03)

Ferrol é a segunda cidade de Galicia en contar cun plan de normalización de seu. O plan, aprobado polo Consello Municipal da Lingua, foi ratificado por unanimidade no Pleno, dado o consenso con tódolos sectores na súa elaboración.

O galego, dende a Rede ás aulas ((A Nosa Terra, )

Ciberlingua é un proxecto de normalización lingüística de galego21, para levar as tecnoloxías da información a profesores, pais e escolares. Non só é un proxecto de formación; tamén pretende crear materiais didácticos para a Rede.

Investigan en Santiago por qué non se ensina en galego ((La Voz de Galicia, 07/03/03)

A Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización Lingüística de centros non universitarios de Santiago, está a investigar os motivos de que non se ensinen en galego as materias que indica a lei: ciencias sociais e naturais, tecnoloxía e a optativa de cada centro.



Imprimir