Voltar

Axudas a Motorola e Alcatel para galeguizar móbiles ((A Nosa Terra, 27/03/09)

O Consello da Xunta autorizou a renovación de cadanseus convenios con Alcatel e Motorola para incrementar a galeguización dos teléfonos móbiles comercializados en Galicia, de modo que pasan a ser de carácter indefinido.

Haberá máis móbiles de Nokia en galego ((A Nosa Terra, 18/03/09)

O Consello da Xunta autorizou a renovación dun convenio con Nokia para a implantación progresiva do galego nos teléfonos móbiles comercializados en Galicia.

Catástrofe lingüística ((Galicia Hoxe, 18/03/09)

O Mapa Sociolingüístico de Galicia, realizado pola Real Academia Galega (RAG), revela que o idioma propio da comunidade pasou de ser o maioritario a quedar en índices cada vez máis residuais fronte ao castelán, mesmo no caso de cidadáns bilingües.

Nace Galeguizar Galicia: <> ((Vieiros, 09/03/09)

Un novo portal de Internet que abeira diferentes organizacións que pretenden normalizar a situación do galego en diferentes ámbitos, moitos deles inéditos. O seu nome é Galeguizar Galicia.

A India e a UE acordan cooperar en temas lingüísticos ((La Voz de Galicia, 07/03/09)

A Unión Europea e a India cooperarán en cuestións lingüísticas para que a partir de agora as dúas partes, ambas con cadansúas 23 linguas oficiais, debatan e compartan experiencias que impulsen o multilingüismo.

O novo de Murakami, antes en galego ca en español ((Vieiros, 05/03/09)

Ao igual que sucedera coa anterior novela de Haruki Murakami, o novo libro do xaponés publicarase antes en galego ca en castelán. «Do que estou a falar cando falo de correr» foi traducido directamente do xaponés por Mona Imai e Gabriel Álvarez Martinez


Imprimir