|
A Unesco lembra a necesidade de normalizar as linguas maternas ((Vieiros, 21/02/07) A Unesco celebra cada 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna lembrando a necesidade dun mundo plurilingüe, onde o uso de todas as linguas sexa normal. Certificados de calidade e lingua para a empresa vasca ((Vieiros-galego.org, 22/02/07)
O plan para a normalización do eusquera no ámbito laboral, inclúe un certificado con tres niveis, segundo o grao de introdución do éuscaro na empresa, que asocia lingua vasca, calidade, excelencia e innovación no ámbito empresarial. Sen atrancos no uso do galego ((El Correo Gallego, 20/02/07)
A Comisión Interdepartamental de Normalización Linguística da Xunta deberá aprobar os plans de normalización de cada organismo da administración autonómica así como a normativa de usos lingüísticos da Xunta de Galicia. Vueling, a primeira compañía con voos en galego ((de luns a venres, 01/02/07)
A compañía aérea Vueling é a primeira aeroliña que permite facer todas as xestións necesarias en galego no seu web, xunto co inglés, francés, italiano, holandés e portugués. O hotel Louxo galeguizarase co topónimo oficial da Toxa ((La Voz de Galicia, 24/021/07)
O hotel Louxo asegura que non había unha norma en contra do uso do galego, e anunciou que comezará a normalizar o uso da lingua propia nas súas instalacións e servizos, comezando pola galeguización do propio nome do hotel, Louxo-A Toxa. Temos todo por dicir ((Galicia Hoxe, 23/01/07)
Primeira campaña global da Xunta de Galicia para promover unha imaxe actual, moderna e de prestixio do galego na mocidade, a educación, a transmisión familiar, o comercio e a empresa, a creación artística, a sanidade, o mundo do dereito e as novas tecnoloxías. O galego, só media hora nas emisións da TVE ((A Nosa Terra, 22/01/07)
TVE incumpriu a súa promesa de non reducir as horas de emisión en galego. A partir deste mes a TVE xa só emite o informativo das 14 horas na nosa lingua. Dende o pasado verán o ente público vén reducindo o uso do galego nun 75%. O tradutor Es-Ga chega a 136 puntos da Administración ((Galicia Hoxe, 31/01/07)
A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a distribuír o tradutor castelán-galego en 136 puntos da Administración periférica do Estado en Galicia para facilitar a súa galeguización e que os cidadáns poidan exercer os seus dereitos lingüísticos. |