|
Pasa a folla Código Cero A nosa recomendación deste mes non se edita en papel (ou si, xa o veremos), senón que se almacena en bits. Trátase de Código Cero: un sitio web no que poderedes estar ao tanto das novas galegas e internacionais relacionadas co mundo das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), sen necesidade se ter uns coñecementos especializados na materia, e sen ter que deixar de ler en galego. Nel poderedes atopar un amplo abano de novas actualizadas varias veces cada día,* e posteriormente organizadas nas seccións de Telefonía, Linux, Mac, Nova economía e Radio e televisión.** A parte puramente informativa compleméntase con espazos en que se lle dá cabida a opinións que se consideran especialmente relevantes, ben en forma de entrevistas, ben como sinaturas convidadas.*** A este núcleo central de contidos engádenselle dous produtos complementarios: - a revista mensual Código Cero, que se distribúe mensualmente en papel canda o xornal Galicia Hoxe, e á que se pode acceder como documento en formato PDF. Pero amais de información o web de Código Cero ofrece tamén un espazo para favorecer a interactividade e a participación dos visitantes. Así, podemos optar entre un amplo abano de foros temáticos entre os que se inclúen practicamente todos os temas que vimos antes nas seccións e algúns máis como P2P, Lecer ou R. Mágoa que os visitantes do sitio non sexan moi activos, para que a participación neles fose maior. En resumo, trátase dunha interesante xanela aberta ao mundo das TIC, deseñada, elaborada e actualizada pensando principalmente no público galego –a presenza de informacións relacionadas co noso contorno máis próximo é moi relevante–, que nos permite acceder ás novidades dese sector, e que –madia leva– convidámosvos a visitar. * De feito, o volume de información fai que se bote a faltar un buscador interno que permitise acceder de forma áxil ás novas de semanas ou meses anteriores, ás que -de momento- só se pode chegar a través da Hemeroteca. |