|
Segunda quenda dos cursos para os traballos de investigación Estes cursos, que se convocan por sexto ano consecutivo, diríxense preferentemente a todos aqueles estudiantes que estean elaborando ou pensen redactar no futuro un traballo de investigación. Son un complemento ás axudas para a redacción e defensa en lingua galega de teses de doutoramento, memorias de licenciatura e proxectos de fin de carreira. Os contidos deste curso están orientados especialmente á adquisición de técnicas de redacción e de deseño dos documentos, e mais ó aproveitamento das ferramentas informáticas, basicamente sobre o procesador de textos Word. As dezaseis horas de duración do curso repártense a partes iguais entre os dous módulos. As clases terán lugar tanto no Campus de Santiago (na Aula de Informática dos Servicios Informáticos, no Pavillón de Servicios do Campus Sur), como no Campusde Lugo (na Aula de Informática da Escola Politécnica Superior). O prazo de matrícula comezará durante o mes de abril; para matricularse cómpre cubrir a folla de liquidación e o formulariode taxas que se facilita no Servicio de Normalización Lingüística, realizar a liquidación de taxas nunha entidade bancaria, e xustificar documentalmenteo feito de ser membro da Universidade de Santiago. O prezo do curso son 30 euros. A Universidade e a Xunta de Galicia outorgarán un certificado de asistencia, así como o recoñecemento, ademais, de 1 crédito de libre configuración. |