|
90 centros de ensino incumpren a lexislación sobre o galego ((Galicia Hoxe, 24/02/04)
A Mesa pola Normalización Lingüística presentou unha denuncia contra o persoal de inspección da Consellaría de Educación por incumprimento da normativa lingüística. Segundo constataron hai 90 centros de ensino non universitario que non cumpren coa lei. Linux e Windows en galego nos institutos ((La Voz de Galicia, 25/02/04)
A Xunta vai instalar nos institutos o sistema informático Linux, que xa ten partes traducidas ao galego. Os usuarios poderán escoller entre este ou o sistema operativo de Windows (o XP), que antes do verán tamén vai estar dispoñible na nosa lingua. Cataluña vai multar por non cumprir coa Lei do Catalán ((Vieiros, 20/02/04)
O novo goberno catalán comprometeuse a facer cumprir a normativa do catalán con rigor, impoñendo incluso sancións. A lei do catalán establece a aplicación de multas a empresas e administracións, non a cidadáns, que poden chegar aos 600.000 euros. A LOCE diminúe a importancia das linguas minoritarias no ensino ((Vilaweb, )
A Lei orgánica de calidade do ensino contempla un aumento das horas lectivas de lingua española no ensino primario, en detrimento do ensino das outras linguas oficiais. En Cataluña a plataforma “Pel català a l’escola” demandou xa que se retire esta Lei. O galego na administración local ((Vieiros, 20/02/04)
O Concello de Carballo presentou este mes o seu Servizo de Normalización Lingüística, que se crea neste munipio. Por outra banda, o Concello de Oleiros aprobou unha ordenanza reguladora do uso do galego na Administración municipal. Ferramentas lingüísticas para empresas exportadoras galegas ((Galicia Hoxe, 20/02/04)
A empresa Imaxin Software está a desenvolver un proxecto para facilitarlles ás empresas exportadoras galegas o manexo de información e documentación en distintas linguas mediante ferramentas informáticas, o que lles permitirá traballaren orixinalmente en galego. |