|
Pasa a folla Andel de diccionarios novos (e III) Completamos a información dos números 2 e 3 do Cartafol dixital, sobre diccionarios de lingua e diccionarios e vocabularios coa producción de ciencias sociais, humanidades e ensinanzas técnicas. 1 Área de Ciencias Sociais e Xurídicas López, E. e X. C. Rodríguez (1999): Vocabulario de mercadotecnia e publicidade, Santiago: Edicións Lea. Diccionario monolingüe en galego, que recolle ocasionalmente os equivalentes en inglés. Vila Pernas, M. (1999): Diccionario galego de gastronomía, Santiago: Edicións Lea. Diccionario monolingüe en galego, con referencias a formas desaconsellables. Currás Fernández, C. e A. Dosil Maceira (dirs.) (1999): Diccionario de psicoloxía e educación, <http://edu.xunta.es/diccionarios/index.html>, Santiago: Xunta de Galicia. Amplo diccionario (20.000 entradas) monolingüe case-enciclopédico; na versión en papel inclúe un "Vocabulario castelán-galego". A versión dixital titúlase Diccionario de Pedagoxía. Sobrado Fernández, L. (2000): Glosario de orientación escolar e profesional (galego, español, inglés, francés, alemán) <http://www.usc.es/snlus/vocab.htm>, Santiago: Servicio de Normalización Lingüística da USC. Glosario pentalingüe que consta de 729 entradas, elaborado sobre a obra homónima da Asociación Internacional para a Orientación Escolar e Profesional. A versión en papel pódese solicitar á Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ou ó Servicio de Normalización Lingüística da USC. Rubal Rodríguez, X. (coord.) (2002): Léxico básico de métodos de investigación e diagnóstico en educación (galego - español), Santiago: Servicio de Normalización Lingüística da USC. Glosario bilingüe que recolle 1907 termos de disciplinas diversas, vinculados pola súa utilidade para a área de coñecemento de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (MIDE). A versión en papel pódese solicitar á DXPL da Xunta de Galicia ou ó SNL da USC. 2 Área de Humanidades Equipo Glifo (1998) Diccionario de termos literarios, (vol. I, A-D) <http://www.cirp.es/res/dtl/index.html>, Santiago: Xunta de Galicia - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Aínda que a versión en papel deste traballo queda fóra das fronteiras temporais que nos marcamos, desde hai uns dous anos é accesible a través da rede Internet. 3 Área de Ensinanzas Técnicas Unión Latina-Realiter-Bureau de la traduction du Canada (ed.) (2001): Léxico panlatino de Internet. (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés) <http://www.usc.es/snlus/vocab.htm>. Léxico que conta con 300 termos, editado só en formato electrónico (cd-rom e Internet), consultable a través de calquera dos sete idiomas románicos, e que inclúe equivalencias en inglés e nas outras seis linguas, con información gramatical en cada caso, sinónimos e remisións. Hermida Ruibal, A. (2001): Glosario de termos da Internet (galego-inglés-castelán-portugués), <http://www.uvigo.es/webs/sli>. Presenta 250 entradas con definición ordenadas pola forma galega, e con información sobre a categoría gramatical, os sinónimos cando existen e as observacións pertinentes. Souto García, M. B. (2002) Vocabulario terminolóxico trilingüe (galego-español-inglés) das artes gráficas: maquinaria e ferramentas do obradoiro de encadernación, <http://www.uvigo.es/sli>. Esta obra describe 184 termos galegos relacionados co labor do encadernador, ofrecendo as equivalencias en español e inglés, así como a definición do concepto e a categoría gramatical e os sinónimos da entrada galega. Patiño Pérez, E. e X. L. González Ucha (coord.) (2001): Léxico informático inglés-galego, <http://edu.xunta.es/dxpl/ferramentas/lexicoinf/LEXICO%20INFORMATICO.pdf> Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Presenta case 7000 entradas de moi diversos niveis de especialización relacionadas coa informática. Só presenta información na dirección inglés ® galego, pero non permite realizar o camiño inverso. Dosil López, B. (coord.) (2001): Léxico da construcción, Asociación Provincial de Empresas da Construcción de Pontevedra - Fundación Instituto Tecnológico de Galicia - Xunta de Galicia. Glosario galego - castelán de 3.731 entradas organizadas alfabeticamente. Permite tamén acceder á información a través do castelán gracias a un "Índice castelán" que figura ó final da obra. Inclúe a caracterización gramatical de cada entrada e, en ocasións, definición e sinónimos. Dirección Xeral de Política Lingüística: <dx.politica.ling@xunta.es> |