Voltar

O goberno español e a Carta europea das linguas ((A Mesa, 17/10/03)

O Secretariado da Carta Europea das Linguas remitiulle ao goberno español o documento presentado por varias organizacións sobre a situación do idioma galego

Google potenciará o uso do galego nas buscas por Internet ((La Voz de Galicia, 29/10/03)

Google.es xa ofrecía a posibilidade de ver a súa interface en galego, pero agora os usuarios poderán escoller idioma máis doadamente.

O Cervantes ignora o galego no seu portal de Internet ((Galicia Hoxe, 07/10/03)

O goberno respondía a unha pregunta do BNG no Congreso: o Instituto Cervantes non ten máis obriga que ensinar español e difundir a cultura española.

Aranzadi recollerá o DOG en galego por 60.000 euros ((Vieiros:galego.org, 14/10/03)

A editorial Aranzadi incluirá nas súas bases de datos a lexislación autonómica en galego presente no BOE e no DOG; ata agora incluíaa, pero en castelán.

O Consello da Avogacía abeira a avogada Isabel Castillo ((Consello da Avogacía Galega, 08/10/03)

O Consello da Avogacía Galega acordou darlle abeiro á avogada que fora apercibida por utilizar o galego nun proceso xudicial, cunha declaración xustificativa da galeguización do ámbito xudicial.

Sae á venda o primeiro vídeo de Doraemon en galego ((La Voz de Galicia, 09/10/03)

A distribuidora Luk Internacional puxo á venda o primeiro vídeo con versión en galego que se publica sen axudas públicas, Doraemon e o tren do tempo. E proximamente tamén o de Sinchan na procura das bólas perdidas.

Para o BNG, a Xunta discrimina o galego nun informe sobre a USC ((La Voz de Galicia, 18/10/03)

A análise que fai a Xunta sobre os estatutos universitarios obriga a mencionar a lingua castelá no texto.



Imprimir