|
O Banco de España fai unha web só en español ((Vieiros / galego.org, 01/03/05)
A pesar do compromiso do goberno Zapatero por incorporar o galego, o catalán e o vasco ás webs da administración pública, o Banco de España acaba de presentar unha nova web de información ao público só en español. A Mesa volve solicitarlle ao TSXG que actúe contra Vázquez ((Vieiros / galego.org, 28/02/05)
A Mesa presentou no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza un escrito suplicando a execución da sentenza sobre emprego de topónimo A Coruña e sobre o uso do galego, o que podería acabar levando á inhabilitación do polémico alcalde. Aprobada a base legal para inscribir asentos en galego ((A Mesa, 24/02/05)
A Comisión de Xustiza do Congreso aprobou a Lei de modificación do réxime lingüístico das inscricións no Rexistro Civil. Ata agora o Regulamento do Rexistro Civil establecía como un “defecto formal” dos asentos o emprego de idioma distinto do castelán. Unha optativa permitirá estudar calquera lingua autonómi ((La Voz de Galicia, 23/02/05)
A Comisión de Educación do Congreso aprobou unha iniciativa pola que insta ao Goberno a impulsar a creación dunha materia optativa para potenciar en secundaria o coñecemento das linguas e culturas oficiais do Estado distintas do castelán. Valorarán a lingua nos nomeamentos de fiscais xefes autonómicos ((Vieiros / galego.org, 16/02/05)
O fiscal xeral do Estado terá en conta o ámbito social dos fiscais xefes, e para o acceso a estes cargos valorarase o dominio da lingua oficial propia como mérito. Nese sentido, sinalou o recente nomeamento de Carlos Varela como fiscal xefe do TSXG. A banca responde á campaña da Mesa e anuncia máis uso do galego ((La Voz de Galicia, 14/02/05)
Un 80% das entidades bancarias galegas e do exterior que operan no país coas que se entrevistaron representantes da Mesa pola Normalización Lingüística manifestaron que en catro meses terán unha maior oferta de produtos en galego. O Congreso autoriza o galego de forma «escueta» ((La Voz de Galicia, 09/02/05)
Marín fixou o criterio de uso de linguas distintas ao castelán: acéptase o uso puntual e «escueto» dos idiomas cooficiais nas sesións plenarias, nas intervencións iniciais, se se traduce oralmente ao castelán para que poida constar no diario de sesións. |