Voltar

¿Sen exame de galego? ((La Voz de Galicia, 3/9/2002)

O Tribunal Superior de Xustiza dictou unha sentencia que declara legal a exención do exame de galego que aplica a Xunta para ingresar na función pública.

Compostela presenta o seu Plan ((O Correo Galego, 10/9/2002)

O Concello de Santiago tamén conta co seu Plan de Normalización Lingüística dende o pasado mes de xullo, o primero de ámbito local no noso país. Na súa elaboración colaboraron representantes de tódolos sectores sociais da cidade.

Aínda sen bilingüísmo nos impresos oficiais ((La Voz de Galicia, 30/09/2002)

Segundo un Real Decreto de 1999 a Administración debería contar con documentos bilingües (impresos de declaración do IVE, imposto sobre a renda...) nas autonomías con lingua propia. E a súa data límite de aplicación era o pasado 1 de maio... ¿Ulos?

Polémica sobre o Plan Xeral de Normalización da Xunta de Galicia ((Vieiros-Galego.org, )

Fronte á polémica creada inicialmente por unha posible privatización da elaboración do PXNL da Xunta, desmentida por esta, as primeiras informacións sobre o Plan ofrecéronse no marco dos VI Encontros de Normalización do Consello da Cultura.

A Coruña vs. La Coruña (e van...) ((Radio Coruña, 20/10/2002)

A enquisa realizada por Radio Coruña demostra que o 47% dos enquisados prefire A Coruña, un 44% La Coruña, e o resto, Coruña. A enquisa tamén ten en conta outros ítems, como a idade ou a adscrición política

Harry Potter e a cámara dos segredos (sic) ((A Mesa, 21/10/2002)

A Mocidade pola Normalización Lingüística (sección xuvenil da Mesa) está a levar adiante unha campaña para conseguir que a segunda entrega das aventuras de Harry Potter no cinema teña versión en galego.



Imprimir